O trail terá lugar o día 29 de abril de 2018 transcorrendo na súa maioría polo parque natural do monte Aloia. O recorrido será circular con saída e meta no complexo deportivo da Macoca situado na parroquía de Pazos de Reis, no Concello de Tui. No seguinte enlace pódese ver a zona da saída/meta en Google Maps https://goo.gl/maps/9CohMM55CUB2.
A saída será as 9:30 e o regulamento está disponible no seguinte enlace.
Nesta segunda edición o percorrido, será bastante similar ao da primeira edición, pero existen pequenos cambios que inflúen na lonxitude final do trazado e no desnivel positivo, sendo a seguinte imaxe o perfil deste ano.
Lonxitude total: 14,6 km
Denivel positivo: 883 m
O número de avituallamentos será de catro.
- Aparcamento autobuses: Será sólido e líquido no quilómetro 5,2.
- Entorno da Pedra do Acordo: Será líquido no quilómetro 8,1.
- Desvío recorridos: Será sólido e líquido no quilómetro 13,1.
- Meta: Será sólido e líquido.
Aparcamento e duchas
Na seguinte imaxe mostrase a zona de meta e saída indicando a zona habilitada para aparcamento e as duchas.