Trail

O trail terá lugar o día 30 de abril de 2017 transcorrendo na súa maioría polo parque natural do Monte Aloia. O recorrido será circular con saída e meta no complexo deportivo da Macoca situado na parroquía de Pazos de Reis, no Concello de Tui. No seguinte enlace pódese ver a zona da saída/meta en Google Maps https://goo.gl/maps/9CohMM55CUB2.

A saída será as 9:00 e o regulamento está disponible no seguinte enlace.

Nesta segunda edición o percorrido, será bastante similar ao da primeira edición, pero existen pequenos cambios que inflúen na lonxitude final do trazado e no desnivel positivo, sendo a seguinte imaxe o perfil deste ano. 

 

Pefil II Trail Monte Aloia 2017

Lonxitude total: 24,3 km

Denivel positivo: 1498 m

Outro cambio con respecto a primeira edición é o número de avituallamentos pasando a ser cinco en lugar de catro.

  • Aparcamento autobuses: Será sólido e líquido e estará nos quilómetros 6,4 e 19,6.
  • Entorno da Pedra do Acordo: Será líquido no quilómetro 10,9.
  • Desvío recorridos: Será sólido e líquido no quilómetro 15,8.
  • Meta: Será sólido e líquido.

Aparcamento e duchas

Na seguinte imaxe mostrase a zona de meta e saída indicando a zona habilitada para aparcamento e as duchas.