Regulamento II Trail Monte Aloia

  1. A proba terá lugar o día 30 de abril de 2017 transcorrendo na súa maioría polo Parque Natural do Monte Aloia no Concello de Tui.

  2. A proba está organizada por la Asociación Cultural Com. Festas Virgen Dolores en colaboración co Concello de Tui.

  3. Existirán dous recorridos, o trail de aproximadamente 25 km con 1400m de desnivel positivo e o minitrail de aproximadamente 15 km con 800m de desnivel positivo. Nos dous casos trátase dun recorrido circular con saída e meta no complexo deportivo da Macoca situado na parroquia de Pazos de Reis. A hora de saída será ás 9:00 para o trail e as 9:30 para o minitrail.

  4. Poderán participar na proba todos aqueles corredores, que tendo cumprido os 18 anos de idade no día da proba, e baixo a súa responsabilidade, se consideren en condicións físicas aptas para afrontala.

  5. Existirán as seguintes categorías

    1. Absoluta masculina

    2. Absoluta feminina

    3. Vetaranos masculina (de 40 anos en diante)

    4. Veteranas feminina (de 40 anos en diante)

  6. Entregaranse premios aos tres primeiros clasificados das catro categorías.

  7. Tódolos participantes recibirán unha camiseta conmemorativa da proba no momento de recoller o dorsal.

  8. O importe da inscrición será de 15 euros para o trail e de 12 para o minitrail sendo o último día o 25 de abril de 2017 ás 23:59. A partir do día 18 de abril estes prezos incrementaranse pasando a ser de 20 euros para o trail e 16 para o mini trail.

  9. Poderanse recoller os dorsais o sábado día 29 dende as 16:30 ata as 21:00 no complexo deportivo da Macoca. Ademais, tamén se poderán recoller o mesmo día da proba dende as 8:00 ata as 8:45 nas inmediacións da saída. No momento de recoller o dorsal é necesario mostrar un documento que identifique ao corredor.

  10. Existirán tres avituallamentos para o trail e dous para o minitrail.Sendo no primeiro caso un líquido e dous sólidos/líquidos e no caso do minitrail un de cada.

  11. O percorrido estará marcado con cintas plásticas e en determinados puntos utilizaranse frechas. Ademais existirá un ou dous controis de paso no que o corredor será o responsable de garantir que o colaborador anote o seu dorsal.

  12. Quedará descualificado todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, non pase polos puntos de control establecidos, non leve o seu dorsal visible ou non cumpra as indicacións da organización.  

  13. Quedará descualificado todo aquel corredor que deteriore a contorna ou tire algún residuo. En calquera proba de este tipo, é básico manter limpo o percorrido, pero neste caso por tratarse dun parque natural aínda o é máis.

  14. A organización resérvase o dereito a facer as modificacións que considere oportunas en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o requiren ou por forza maior.

  15. Todo participante ten o deber de prestar socorro a outro participante que estea en perigo ou accidentado. A privación de auxilio será penalizada coa descualificación inmediata.

  16. Se o corredor decide retirarse, terallo que notificar obrigatoriamente a algún membro da organización.

  17. Os participantes autorizan aos organizadores o posible rexistro e publicación de fotos e vídeos en relación coa súa participación no evento.

  18. A organización non garante a cobertura en todo o percorrido, sendo o participante o principal responsable de si mesmo, en coñecemento das súa forma física e saúde.

  19. A  Asociación Cultural Com. Festas Virgen Dolores non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais derivados da participación neste evento.

  20. A  Asociación Cultural Com. Festas Virgen Dolores ten contratado un seguro de responsabilidade civil e ademáis tódolos participantes teñen seguro de accidentes.

  21. Programa

  • 16:30 - 21:00 (Sábado) Recollida dorsais

  • 08:00 - 08:45 Recollida dorsais

  • 09:00 Saída trail

  • 09:30 Saída minitrail

  • 12:30 Entrega de premios

  • 13:30 Peche meta